A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural da tradición galega que permaneceu durante moito tempo, e aínda permanece, gardado na memoria dos nosos devanceiros co risco de ser esquecido.

O obxectivo principal da asociación é compilar esta información directamente das fontes, estudiala e arquivala para logo poñela en valor así como transmitila ás novas xeracións.

O labor dentro da asociación está organizado en grupos de traballo que xestionan áreas concretas:

  • Área artística: Composto polo grupo de baile, grupo de música, grupo de pandereteiras e grupo de pandereteiros.
  • Área de recuperación: Formada por dous grupos de traballo, o de recollidas e traballo de campo e o de arquivo e análise.
  • Área de vestiario e material.
  • Área web.
  • Área de escola.

Ademáis das actuacións, clases e espectáculos O Fiadeiro organiza de xeito recurrente unha serie de actividades para difundir a cultura tradicional galega:

  • Gala espectáculo didáctico con música e bailes tradicionais"Esta noite hai unha fía".
  • Xornadas anuais de difusión das actividades que desenvolve a asociación ou xornadas de portas abertas.
  • Serán tradicional e festa fin de curso.

 

March 2011

Marzo 2011

DLMMXVS
   1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31  
«« «       » »»






Contador de Visitas
5 5 4 8 2



Localización sede social:
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
Móbil: 629 585 355
Tlf/Fax: 986 253 585
e-mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com