Colaboración con Sondeseu no Luar Especial Festas do Apóstolo 2016

A Orquestra Folk Sondeseu actuará este Luns, 25 de Xullo, no programa especial do Luar co gallo do Día do Apóstolo e como moitas outras veces, O Fiadeiro, por medio da súa Agrupación de Baile Tradicional, con eles, nunha colaboración que xa vai máis aló do artístico. Para O Fiadeiro é unha fachenda bailar con tan grande Orquestra, practicamente única no mundo no seu eido, e todo un luxo e un orgullo para as xentes da nosa terra, Galicia.

Inscripción para o Curso 2016-17

Ábrese o prazo solicitar a admisión na Escola O Fiadeiro para o curso 2016/2017.

– Preinscrición: ata o 1 de Xullo
– Publicación do listado de solicitantes admitidos e excluídos: 8 e 9 de Setembro (en función do número de prazas e orde de inscrición)
– Publicación dos horarios provisionais: 8 de Setembro.
– Período de matrícula ordinaria: do 8 ao 16 de Setembro.
– Publicación dos horarios definitivos: 19 de Setembro.
– Período de matrícula extraordinaria (para especialidades con prazas vacantes e/ou alumnado que non tivera realizada a inscrición): do 19 ao 23 de Setembro.

Para máis información pulsade aquí.

O Fiadeiro na Cañiza, Festa do xamón. Danza 3 – Folclore na rúa

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 15 de Agosto, na 50 Festa Feira do Xamón, na Praza Maior da Cañiza, Pontevedra.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo “Baile e Música O Fiadeiro”, exhibindo a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada función é única e espontánea

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro ten programadas outras tres representacións en Melide (30 de Xullo, na praza do Convento), Castrelo de Miño (13 de Agosto, na praza do Parque), e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o 17 de Setembro.

Cartel 50 Festa Xamón A Cañiza

O Fiadeiro en Castrelo de Miño, Festa do Ribeiro Blues. Danza 3 – De rúa

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 13 de Agosto, no Parque Náutico de Castrelo de Miño, Ourense

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo “Baile e Música O Fiadeiro”, exhibindo a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada función é única e espontánea

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro ten programadas outras tres representacións en Melide (30 de Xullo, na praza do Convento), na Cañiza (15 de Agosto, na Praza Maior) e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o 17 de Setembro.

Ademais, englóbase dentro da programación do Festival Ribeiro Blues Wine Festival, un programa de actuacións musicais arredor dun encontro de viño do ribeiro.

Ribeiro blues

O Fiadeiro en Melide, Danza 3 – De rúa

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 30 de Xullo, polas festas de Melide, A Coruña.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo “Baile e Música O Fiadeiro”, exhibindo a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada función é única e espontánea

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro ten programadas outras tres representacións en Castrelo de Miño (13 de Agosto, na praza do Parque), A Cañiza (15 de Agosto, na praza Maior) e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o 17 de Setembro.

O Fiadeiro en Amiudal

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo domingo 24 de Xullo, polas festas de Amiudal, Avión, Ourense.

O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo “Baile e Música O Fiadeiro”.