O Fiadeiro en Tomiño

Este sábado 23 de febreiro, O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla). A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!

Festa da Asociación Cultural Monteira – Danzas Tradicionais do Mundo

Unha vez máis a Asociación Monteira Danzas do Mundo organiza unha festa para bailarmos en comunidade. Faremos danzas de roda e de grupos máis pequenos. Con música en directo! Sen pagar entrada. Dous grupos de danzas do mundo e un de baile galego. Non hai que saber as danzas, só cómpre ter ganas de pasalo ben. Quen se anima? Axúdanos a divulgalo. Cantos máis sexamos mellor o pasaremos.

Serán O Fiadeiro 2016

Ir de festa. Tocar, cantar e bailar coma se non houbera mañá. Iso é un Serán. E se é un Serán de O Fiadeiro, aínda mais. Preparádevos para o sábado 3 de decembro, preparade o voso caudal de folclórica sabeduría, empezando polos soltos, xota e muiñeiras, e logo tamén agharrados, rumbas, mazurcas e pasodobles.
Primeiro será o serán dos mais cativos, non por idade menos sabedores, para que logo, alá polas 10 da noite, deixar paso aos maiores, pero todos coa mesma obriga:
«O que non canta nin baila, que vén facer ó serán?
Aprender catro mentiras, para ir contar mañán?»

E por certo… este ano o noso serán estará ambientado nas verbenas dos anos 50 así que participa e ven vestido para a ocasión co atuendo desa época.

Lotería de Nadal de O Fiadeiro 2016

En O Fiadeiro temos saúde. Moita. Para repartir. E por fin, tamén, lotería. E este ano é da que toca. Porque xa que saúde temos, pois a lo menos que non falte sorte: se queres compartila con nos, achégate ao noso local a pola túa participación. Apura, non vaia ser que cando veñas tan só nos quede saúde!

Serán do Samain no Calvario

Para pasar unha tarde “de medo”, o luns 31 de octubro, nada mellor que que “O serán do Samaín” do Calvario! Para ir quentando os corpos abrirán o serán as sete da tarde, ou se queredes ás 19,00, fronte ao Mercado do Calvario, o grupo “Algarabía Flok” que tocan de medo. Despois as sempre animadas “Lagharteiras” que son unhas artistas terroríficas, seguidas da «ACF O Fiadeiro» que somos uns artistas que parecemos de outro mundo. E non sería un serán sen a participación de todos vos! Así que, xa sabedes!: todo o mundo a cantar e bailar, que haberá chocolate para os asistentes!

Concerto Solidario Amigos dos Maiores

Ven coñecernos e a gozar das actuaciones da ACF O Fiadeiro e da Unión Musical de Cabral. Coa túa colaboración acadaremos que moitas persoas maiores síentanse acompañadas. Axúdanos a loitar contra a soidade. Agardáamoste!

Prezo das entradas 6 euros, venda anticipada, 8 euros, despacho de billetes.

Puntos de venda:
Amigos dos Maiores. C/ Ferrería 33 Bajo (Casco Vello), de 11.30 a 13.30h
ACF O Fiadeiro. C/ Jesús Fernández, 3 Bajo (Calvario), de 16.00 a 20.30h
Asociación Santa Marina de Cabral. Avda Santa Marina 95, de 17.00 a 20.00h

Tamén podes chamar ao 886 12 71 81 ou ao 698 13 94 83

Colaboración con Sondeseu no Luar Especial Festas do Apóstolo 2016

A Orquestra Folk Sondeseu actuará este Luns, 25 de Xullo, no programa especial do Luar co gallo do Día do Apóstolo e como moitas outras veces, O Fiadeiro, por medio da súa Agrupación de Baile Tradicional, con eles, nunha colaboración que xa vai máis aló do artístico. Para O Fiadeiro é unha fachenda bailar con tan grande Orquestra, practicamente única no mundo no seu eido, e todo un luxo e un orgullo para as xentes da nosa terra, Galicia.

Inscripción para o Curso 2016-17

Ábrese o prazo solicitar a admisión na Escola O Fiadeiro para o curso 2016/2017.

– Preinscrición: ata o 1 de Xullo
– Publicación do listado de solicitantes admitidos e excluídos: 8 e 9 de Setembro (en función do número de prazas e orde de inscrición)
– Publicación dos horarios provisionais: 8 de Setembro.
– Período de matrícula ordinaria: do 8 ao 16 de Setembro.
– Publicación dos horarios definitivos: 19 de Setembro.
– Período de matrícula extraordinaria (para especialidades con prazas vacantes e/ou alumnado que non tivera realizada a inscrición): do 19 ao 23 de Setembro.

Para máis información pulsade aquí.

O Fiadeiro na Cañiza, Festa do xamón. Danza 3 – Folclore na rúa

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 15 de Agosto, na 50 Festa Feira do Xamón, na Praza Maior da Cañiza, Pontevedra.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo «Baile e Música O Fiadeiro», exhibindo a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada función é única e espontánea

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro ten programadas outras tres representacións en Melide (30 de Xullo, na praza do Convento), Castrelo de Miño (13 de Agosto, na praza do Parque), e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o 17 de Setembro.

Cartel 50 Festa Xamón A Cañiza

O Fiadeiro en Castrelo de Miño, Festa do Ribeiro Blues. Danza 3 – De rúa

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 13 de Agosto, no Parque Náutico de Castrelo de Miño, Ourense

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo «Baile e Música O Fiadeiro», exhibindo a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada función é única e espontánea

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro ten programadas outras tres representacións en Melide (30 de Xullo, na praza do Convento), na Cañiza (15 de Agosto, na Praza Maior) e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o 17 de Setembro.

Ademais, englóbase dentro da programación do Festival Ribeiro Blues Wine Festival, un programa de actuacións musicais arredor dun encontro de viño do ribeiro.

Ribeiro blues