MEDIDAS DE SEGURIDADE (protocolo COVID-19)
ACCESO ÁS INSTALACIÓNS
- Deberase esperar no exterior do local pola chamada do monitor, e entrarase de maneira ordeada e con distanciamento de seguridade (a saída das aulas realizarase do mesmo xeito).
- Desinfectaranse as mans xusto ao acceder ao local, haberá xel hidroalcohólico hixienizante nunha mesa da entrada.
- Dentro do local será obrigatorio o uso da máscara, independentemente da idade do socio/a ou alumno/a..
- Deberase esperar polo alumnado no exterior do local.
DENTRO DAS INSTALACIÓNS
- Manterase un aforo máximo de 75 persoas no interior do local, só poderán acceder ao recinto aquelas persoas que vaian a asistir a unha actividade.
- Haberá un máximo de alumnos dependendo do tamaño da Aula.
- Evitarase o contacto físico entre o alumnado, tanto na realización de coreografías, coma en intercambios de material, etc.
- O material que sexa necesario empregar nas actividades deberá ser persoal, queda prohibida a utilización de material común (instrumentos, etc).
- Entre clase e clase haberá 10 min de ventilación da aula e para que o mestre poida desinfectar a sala e os elementos que se empregaron durante a actividade.
- Para a posible execución do punto anterior e non interferir nos horarios das actividades posteriores, prégase puntualidade.
- Non haberá materiais de uso común nas instalacións.
- Non se pode permanecer nin no pasillo nin na entrada.
- Só se empregará mobiliario que sexa fácil de desinfectar.
- Cando se usen os servizos procure desinfectar as mans tanto na entrada como na saída, se limparán varias veces ó día.