Data e hora
2019-02-02 a las 20:30 h.
2019-02-02 a las 20:30 h.
O próximo sábado 2 de febreiro, ás 20:30 no Auditorio Mar de Vigo, terá lugar un concerto moi especial da man de Sondeseu, co galo da solicitude de que as Illas Cíes sexan Patrimonio da Humanidade, unha campaña que se vén facendo desde hai anos con diferentes actos e recollidas de sinaturas. A entrada será de balde con previa retirada do convite na billeteira do auditorio, desde duas horas antes do comezo e cun máximo de catro entradas por persoa.
Desta volta a orquestra de folk non estará soa, xa que terá invitadas e invitados de luxo: Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luis Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, o Orfeón Treixadura e como non, nos, a A.C.F. O Fiadeiro.