Data e hora
2018-11-24 a las 16:00 h.
2018-11-24 a las 16:00 h.
O sábado 24 de novembro, na A.C.F. O Fiadeiro, de 16:00 horas a 20:00 horas, curso de Birimbau ou Trompa de Boca por Daniel do Pando.
Prezo socia/o: 25 euros.
Prezo non socia/o: 30 euros.
Inscripcións no 629585355 ou no 986253585, ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com.
É un curso presencial, de nivel iniciación, dirixido a alumnado de tódalas idades, e limitado a un máximo de 20 prazas. Ao alumno seralle facilitado un instrumento durante a súa realización. Farase unha visión completa do instrumento, con unha parte teórica e outra práctica nas que afondaremos nos seguintes aspectos:
Teóricos
→ Definición.
→ Clasificación.
→ Orixe e historia.
→ Localización xeográfica e nomenclatura.
→ Elementos constitutivos.
→ Acústica.
→ Afinación.
→ Pautas de selección.
→ Hixiene e conservación.
→ Referencia especial á trompa da Fonsagrada.
Prácticos
→ Agarre e colocación.
→ Técnicas de percusión.
→ Produción dos primeiros sons.
→ Introdución a ritmos básicos.
→ Introdución a unha melodía.
→ Recursos e efectos.
→ Demostración práctica.
O birimbao ou trompa/arpa de boca
Trompa, birimbao ou arpa de boca son algúns dos diversos termos cos que se designa a este instrumento musical.
Formado por unha lingüeta de aceiro fixada a un marco, normalmente de ferro ou aceiro, por medio dunha cuña incrustada nun pequeno furado situado na parte posterior.
Funciona en contacto coa cavidade bucal, que actúa como aparato resoador. Ao pulsar a lingüeta esta vibra producindo unha nota fundamental e unha serie harmónica dando a posibilidade de crear tanto ritmos coma melodías.
Presente en diferentes culturas de todo o mundo, con gran variedade de formas, tamaños, nomes e usos, destaca a súa capacidade de adaptación aos contextos socioculturais, ao tempo e á propia música.
Mantívose vivo dun xeito relevante na zona de A Fonsagrada, onde se conservou de forma tradicional tanto a técnica interpretativa como a construtiva, chegando a ser moi popular o seu uso, normalmente solista.
Sirva este curso para achegarnos a este instrumento co desexo de manter viva unha tradición transmitida de forma oral de xeración en xeración.
Daniel do Pando
O mestre, Daniel do Pando, naceu no lugar de O Pando, un casarío do concello de A Fonsagrada, no seo dunha familia de forte tradición musical.
Aprendeu a tocar a trompa tendo coma mestres e referentes aos tocadores tradicionais deste concello, onde o instrumento conta con un importante arraigamento. Así, colaborou en concertos e gravacións cos músicos Xuacu Amieva, Kepa Junkera, José Manuel Tejedor ou a Orquestra de Jazz de Galicia, entre outros. E na actualidade realiza diversas participacións en televisión, radio ou cine e desenvolve unha importante labor docente e divulgativa na que da a coñecer este instrumento que forma parte da nosa identidade cultural.