Curso de Percusión Brasileira

O Fiadeiro, R/Condesa Casa Bárcena, 14, Vigo

Data e hora

2020-12-31 a las 11:00 a 12:00 h.

Este ano en O Fiadeiro ofertamos un curso de Percusión Brasileira. O mestre será o percuionista e batería Paulo Silva.

Se estades interesados en coñecer a súa traxectoria podedes botar unha ollada na súa web, e, aínda que é un músico novo, resulta moi interesante coñecer a súa extensísima carreira musical, chea de colaboracións con músicos como Dulce Pontes, Ana Belén, Joan Manuel Serrat, Xoel López, Budiño, Kepa Junquera, Abe Rábade, etc.

Horario: todos os sábados de 11 a 12 da mañá. No local do Fiadeiro na rúa Condesa Casa Bárcena, nº 14 (ver mapa).