Data e hora
2018-06-08 a las 16:00 h.
2018-06-08 a las 16:00 h.
O Serán’01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional reunirá na Cidade da Cultura entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. O Encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.
[Descarga aquí o programa completo]
O encontro xorde con vocación de ser un verdadeiro evento social dirixido a todo tipo de público, xa sexa parte activa do sector da música e o baile tradicional ou non, contribuíndo tamén a dar a coñecer as nosas artes e patrimonio inmaterial. Ao longo dos tres días, a Cidade da Cultura acollerá múltiples actividades, todas elas de balde e relacionadas coa cultura popular e a danza e a música tradicional.
Un intenso programa para todos os públicos
Serán’01 inclúe desde espectáculos e actuacións musicais, a contidos formativos, obradoiros infantís, ademais dunha zona de mercado e exposicións ou desfiles de traxes tradicionais. Podes consultar o programa completo no apartado de descargas desta mesma páxina ou ver aquí os contidos máis destacados:
Completan o programa proxeccións, presentacións audiovisuais e editoriais e un amplo espazo de food-trucks onde os asistentes poderán repoñer forzas ao longo de todo o día.
(Texto e programa tomado da páxina do evento)