Dende hai 25 anos en O Fiadeiro traballamos por recuperar, coidar e gozar da nosa cultura tradicional, e poder mostrala logo nas nosas actuacións, galas e espectáculos. Un traballo que mostramos tanto na nosa terra galega como no resto do mundo.
Precisas un bobiné, unha cofia, monteiras ou mesmo abalorios para completar o teu traxe tradicional? Queres unhas zocas ou unhas puñetas? A nosa tenda é o tu lugar. Mesmo podes chamar paraencargarnos un traxe completo. Non dubides e pregúntanos!
Queres aprender a tocar un instrumento tradicional como a gaita, o tambor, ou a pandeireta? Ou algo máis moderno como o saxo ou o piano? Se cadra o teu é o baile tradicional ou a danza… ou pode que o teatro, ou tan só o canto! Pois entón, o teu sitio é á nosa escola!