agrupación O Fiadeiro

A representación da cultura tradicional galega, dun xeito artístico unhas veces, e outras dun xeito máis fiel á realidade é a razón de ser da Agrupación O Fiadeiro, que está organizada en catro áreas de traballo:

Área artística

Área encargada de concibir e elaborar propostas musicais e escénicas coas músicas, textos, danzas e imaxes recollidas pola Asociación, buscando que non só teñan unha recoñecida calidade estética senón tamén a capacidade de, canto menos, manter vivas as nosas tradicións.

Na planificación dos espectáculos poden darse dúas orientacións: unhas veces unha maior fidelidade ao materiais recollidos para que o coñecemento se transmita sen transformación, e outras crear un espectáculo de gran calidade artística.

Pandereteiras O Fiadeiro

Tamara 210

Dirección: Tamara Costas.

Pandereteiros O Fiadeiro

diego-cabaleiro-e1561718621742

Dirección: Diego Cabaleiro.

Baile Trad. O Fiadeiro

14_Sergio-Martínez

Dirección: Sergio Martínez.

Charanga e Orq. O Fiadeiro

rafa_crespo

Dirección: Rafa Crespo.

Vestiario O Fiadeiro

bego_martinez

Dirección: Bego Martínez

Área de Recuperación

O Fiadeiro basea todo o seu traballo na recompilación e estudo da información contada polas persoas que coñecían a nosa cultura tradicional antes de que comezase a esmorecer.

Área de vestiario

Formada por un único grupo de traballo, que ten coma misións a de recoller e documentar o vestiario e os complementos que o acompañan, dos diferentes lugares de Galicia, e a de recuperar e elaborar o máis fielmente posible esas roupas para os Espectáculos dos Grupos da Área artística.

Área de Comunicación

Organizada como o Equipo de traballo Web que é o encargado da actualización continuada do espazo web e do community management (xestores de comunidade virtual), proporcionando contidos aos diferentes medios sociais como Twitter, Facebook ou YouTube e elaborando eventos cos que dinamizalos. Tamén é o encargado da comunicación da Agrupación en publicacións concretas e divulgacións de actividades e actos nos medios de comunicación con máis presenza na Provincia ou na Comunidade, posto que na actualidade, este tipo de labor, é case toda online.

Tormeal
Toneson
Gestradoc