Directora de Pandereteiras

Tamara costas

Comeza na música tradicional aos catro anos no CEIP Sárdoma-Moledo e un ano mais tarde entra na Escola do CCAR Rueiro de Coia, no que é membro do grupo oficial ata o 2002.

Tamén foi membro de diferentes grupos e asociacións como Froles Novas, Malmequer, Mirandeiras e a EMAO. Esa tamén é unha etapa caracterizada por un riguroso traballo de recolleita e investigación que lle valeu dispor de un amplo e variado repertorio.

En 2005, ano da súa fundación, comeza a dirixir os grupos de pandereteiras da ACF Tarambainas e no 2007, asGhandainas da AVV Alcabre.

Ese mesmo ano, cun grupo de amigas fundan a ACF As Lagharteiras en Mos, da que é pandereteira ata a actualidade e cas que ten acadado diferentes premios como 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2016. En 2015 grabaron o seu primeiro disco titulado “Lagharteiras”. Dende o ano 2011 é membro dasPandereteiras O Fiadeiro.

É natural de Vigo e graduada en Educación Primaria e doutora en Química.

Director de Pandereteiros

diego cabaleiro

A andaina musical do mestre Diego Cabaleiro, comeza en 2007, ano no que entra a formar parte da A.C.F. O Fiadeiro primeiro como bailarín, e logo, como membro do grupo de pandereteiros “O Fiadeiro”, da man do director do grupo naquela época, Javier “Xisco” Feijoo.

Xa anos máis tarde, consagra a súa carreira ao colaborar con Xosé Manuel Budiño na xira mundial do seu disco de 2013, “Sotaque” como vocalista e instrumentista tradicional. Así actúa en Alemania, Reino Unido ou Dinamarca, e en festivais multitudinarios como no “Certamen Folk”, na praza da Quintana de Santiago de Compostela, no “Festival da Luz” en Boimorto, ou no WOMEX.

Ese mesmo ano participa como vocalista e pandereteiro no disco “GALIZA” do compositor, productor e acordeonista Kepa Junquera.

2015 é un ano importante na súa carreira.

Xunto con Davide SalvadoXisco FeijooNajla ShamiXela Conde e Anaís Barbier, pasa a formar parte do grupo Folk Pink Roe; e convértese en membro de seu do recoñecido grupo galego Pelepau, a banda que adapta temas de tradición gallega para percusión.

Tamén colabora na grabación do audio-conto “A viaxe de Jose Do Campo” editado e creado por O Fiadeiro e Ton e Son Editorial e participa ca Orquestra de Jazz de Galicia na presentación do disco “Fame”.

Tamén como membro dos Pandereteiros de O Fiadeiro foi finalista nos III Premios Martín Códax da Música, participou en diversos festivais como o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, o Festival Intercéltico de Lorient, ou o Festival Intercéltico do Morrazo.

A máis recente colaboración de Diego Cabaleiro é no novo álbum do gaiteiro Xulio Lorenzo, “Volver soñar”, do ano 2019. Outras colaboracións foron coa Orquestra Folk de Galicia “SonDeSeu”, con Oscar Ibañez Tribu, ca Orquesta filarmónica de Galicia, con Radio Cos, e en multitude de galas e espectáculos por diferentes teatros do país.

Diego compaxina a súa faceta de músico ca de bailador tradicional na mesma asociación dende hai máis de dez anos e en outros grupos folclóricos da cidade.

Director de Baile

Sergio martínez

A súa vinculación co folclore comeza dende sendo un cativo no colexio e nas agrupacións das asociacións do barrio.

A inquietude por mellorar e coñecer máis sobre o baile tradicional o levan a formar parte dos inicios do grupo O Fiadeiro alá polo 1993 e participar nas súas primeiras recollidas.

É compoñente da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro dende a súa fundación en 1996, participando en diferentes seccións da agrupación e destacando, sobre todo, o seu papel como bailador.

Durante a súa traxectoria colabora con diferentes artistas e grupos nos seus  concertos, presentacións de discos e xiras, tales como Xosé Manuel BudiñoOscar IbáñezTanxedoras do PandeiroKepa Junkera e Algarabía Folck.

A súa andadura como mestre de baile tradicional comeza no 2009 na Asociación Pontesampaio de Arcade.

No 2010 faise cargo das aulas de baile de iniciación e perfeccionamento, e do grupo Arroases da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, actividade que segue desenvolvendo na actualidade, e comeza tamén a impartir obradoiros de baile destacando o de 2018 en Balboa co motivo da celebración da Foliada Balboa Feroz.

Director de Charanga

rafa crespo

É Titulado Superior na especialidade de “Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega”, polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e Diplomado en Maxisterio, na rama Musical. Dende o ano 2001, é membro da agrupación O Fiadeiro, sendo director musical dende o 2003.

Por outro lado, foi membro de diversas agrupacións musicais como Vai de baile, o Cuarteto O Chupacabras, Foula, a compañía Art-Monium entre outras.

Nestes últimos dez anos vén de colaborar e participar en diversas publicacións como por exemplo o Libro-CD de 2015 “A Viaxe de José do Campo”, da Editorial Toneson, O Fiadeiro e ChisPún! Estudio.

Directora de Vestiario

bego martínez

Forma parte da agrupación da A.C.F. O Fiadeiro, como bailadora, dende 1997, e é a directora da Área de vestiario dende o 2000, función que mestura ca de mestra de costura na Escola de O Fiadeiro.

Begoña é ademáis Titulada en Patronaxe e en Técnicas de confección, realiza traballos de investigación e de confección de vestiario tradicional, e imparte clases de costura tradicional dende o ano 2002.