escola O Fiadeiro

Dende 1998 funcionan as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade principal na difusión da cultura tradicional e como  nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e nos contidos curriculares referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada. A través de diversas metodoloxías pedagóxicas, profesionais das distintas materias transmiten o seu saber, co obxectivo de que perdure a nosa tradición.

Grazas a este labor, da Escola “O Fiadeiro” xorden novos grupos que forman a canteira que accederá posteriormente á agrupación principal. Moitos destos grupos teñen acadando diversos premios e mencións en diferentes concursos ao longo da xeografía galega: Concurso de Danza Tradicional Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Concurso de Baile Tradicional da Asociación Xuvenil Xacarandaina (A Coruña), Concurso de Baile Tradicional Malveiras (Vilagarcía de Arousa), Xornadas de Música e Baile Tradicional (Vigo) ou Concurso de Baile Tradicional Azaloira (Bandeira).

Se estás interesado-a nalgún dos cursos consulta a nosa oferta de cursos e as bases para a matrícula coas condicións e descontos familiares e para varias actividades. Se tes algunha dúbida ponte en contacto coa secretaría da asociación.

Matricúlate na escola

Agrupación O Fiadeiro

Faite socio

Cota de socio: 4,00 euros ó mes.

  • Abono trimestral (12,00 €).
  • Abono semestral (24,00 €).
  • Abono anual (48,00 €).

Cota de matriculación: 15,00 €.

  • Exentos os alunnos que cursaran o ano anterior e non se deron de baixa como socio e alumnos en todo o ano).
  • Cota mensual por asistencia a unha actividade: ver Anexo II das bases (ver máis arriba).
Escola O Fiadeiro

Descontos

Desconto de 5,00 €, por anotarse nunha segunda actividade ou sucesivas.

Desconto familiar: 3,00 € do importe total mensual.

En caso de que algún membro da unidade familiar vaia a dúas ou máis actividades, terán o desconto de 3 € nesas actividades a maiores (excepto nas actividades das agrupacións).

Tenda O Fiadeiro

De interese

As cotas mensuais abónanse ao inicio de cada mes a través do banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.

Como matricularse:

  • Local social de luns a venres de 10.30h a 14.00h e de 17.00 a 20.00.
  • Por internet: ofiadeiro@ofiadeiro.com
  • Por teléfono: 986253585 / 629585355

documentos da escola

Consulta a documentación da escola (cursos, horarios, calendario, ficha de inscrición e bases) e descárgaa para poder imprimilos se así o precisas.

Tormeal
Toneson
Gestradoc