Director de Pandereteiros

Diego Cabaleiro

A andaina musical do mestre Diego Cabaleiro, comeza en 2007, ano no que entra a formar parte da A.C.F. O Fiadeiro primeiro como bailarín, e logo, como membro do grupo de pandereteiros “O Fiadeiro”, da man do director do grupo naquela época, Javier “Xisco” Feijoo.

Xa anos máis tarde, consagra a súa carreira ao colaborar con Xosé Manuel Budiño na xira mundial do seu disco de 2013, “Sotaque” como vocalista e instrumentista tradicional. Así actúa en Alemania, Reino Unido ou Dinamarca, e en festivais multitudinarios como no “Certamen Folk”, na praza da Quintana de Santiago de Compostela, no “Festival da Luz” en Boimorto, ou no WOMEX.

Ese mesmo ano participa como vocalista e pandereteiro no disco “GALIZA” do compositor, productor e acordeonista Kepa Junquera.

2015 é un ano importante na súa carreira.

Xunto con Davide Salvado, Xisco Feijoo, Najla Shami, Xela Conde e Anaís Barbier, pasa a formar parte do grupo Folk Pink Roe; e convértese en membro de seu do recoñecido grupo galego Pelepau, a banda que adapta temas de tradición gallega para percusión.

Tamén colabora na grabación do audio-conto “A viaxe de Jose Do Campo” editado e creado por O Fiadeiro e Ton e Son Editorial e participa ca Orquestra de Jazz de Galicia na presentación do disco “Fame”.

Tamén como membro dos Pandereteiros de O Fiadeiro foi finalista nos III Premios Martín Códax da Música, participou en diversos festivais como o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, o Festival Intercéltico de Lorient, ou o Festival Intercéltico do Morrazo.

A máis recente colaboración de Diego Cabaleiro é no novo álbum do gaiteiro Xulio Lorenzo, “Volver soñar”, do ano 2019. Outras colaboracións foron coa Orquestra Folk de Galicia “SonDeSeu”, con Oscar Ibañez Tribu, ca Orquesta filarmónica de Galicia, con Radio Cos, e en multitude de galas e espectáculos por diferentes teatros do país.

Diego compaxina a súa faceta de músico ca de bailador tradicional na mesma asociación dende hai máis de dez anos e en outros grupos folclóricos da cidade.