Director de Baile

Sergio Martínez

A súa vinculación co folclore comeza dende sendo un cativo no colexio e nas agrupacións das asociacións do barrio.

A inquietude por mellorar e coñecer máis sobre o baile tradicional o levan a formar parte dos inicios do grupo O Fiadeiro alá polo 1993 e participar nas súas primeiras recollidas.

É compoñente da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro dende a súa fundación en 1996, participando en diferentes seccións da agrupación e destacando, sobre todo, o seu papel como bailador.

Durante a súa traxectoria colabora con diferentes artistas e grupos nos seus  concertos, presentacións de discos e xiras, tales como Xosé Manuel Budiño, Oscar Ibáñez, Tanxedoras do Pandeiro, Kepa Junkera e Algarabía Folck.

A súa andadura como mestre de baile tradicional comeza no 2009 na Asociación Pontesampaio de Arcade.

No 2010 faise cargo das aulas de baile de iniciación e perfeccionamento, e do grupo Arroases da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, actividade que segue desenvolvendo na actualidade, e comeza tamén a impartir obradoiros de baile destacando o de 2018 en Balboa co motivo da celebración da Foliada Balboa Feroz.