Transmitir o legado tradicional galego O Fiadeiro
Asociación Cultural Folclórica

Cursos da Escola "O Fiadeiro"

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

Para poder apuntarte aos cursos necesitas facerte socio.
Transmitir o legado tradicional galego O Fiadeiro
Asociación Cultural Folclórica

Cursos da Escola "O Fiadeiro"

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

Da Escola “O Fiadeiro” xorden novos grupos que forman a canteira que accederá posteriormente á agrupación principal, acadando diversos premios e mencións en diferentes concursos ao longo da xeografía galega.

Concurso de Danza Tradicional Cantigas e Agarimos

Santiago de Compostela

Concurso de Baile Tradicional da Asociación Xuvenil Xacarandaina

A Coruña

Concurso de Baile Tradicional Malveiras

Vilagarcía de Arousa

Xornadas de Música e Baile Tradicional

Vigo

Concurso de Baile Tradicional Azaloira

Bandeira

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.