O Fiadeiro abre a súa Tenda. Nela queremos por á venta complementos ou pezas de roupa tradicional do noso traxe, como por exemplo monteiras, cofias, medias, bobinés, puchos, panos, faixas, xoias… Todo aquilo que se vos poida antollar!
Ou se cadra queredes é que vos asesoremos e vos confeccionemos un vestiario máis ou menos completo… pois claro, iso tamén! Así que se precisades facer un novo vestiario fiel á tradición, podémosvos atender para tomar medidas e concretar no local do Fiadeiro no seguinte horario:
Os mércores de 10.30-12.30 e 17.00-19.00
E os xoves de 10.30-12.30 e 17.00-21.00