Transmitir o legado tradicional galego O Fiadeiro
Asociación Cultural Folclórica
O Fiadeiro

Asociación Cultural Folclórica

A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (ACF O Fiadeiro) nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.

As culturas tradicionais confórmanse pola adición de información e contidos de xeración en xeración e, nese sentido, unha como a nosa, é especialmente vulnerable á rotura desa cadea de transmisión.

É preciso dicilo claramente, a cultura tradicional galega hai anos que está a esmorecer: este tesouro que nas xeracións pasadas conservouse na nosa memoria colectiva, na actualidade, corre o risco de desaparecer, polo que é preciso traballar na súa conservación para asegurar a súa permanencia.

Espectáculos da A.C.F. O Fiadeiro

O Fiadeiro ofrece diversos espectáculos nos que transmite, o máis fielmente posible, as melodías, os cantos e os bailes tradicionais da nosa cultura

Área de Comunicación

Organizada nun equipo de traballo, que é o Equipo de traballo Web. É o encargado da actualización continuada do espazo web e do traballo de community manager (xestores de comunidade virtual), proporcionando contidos aos diferentes medios sociais como Twitter, Facebook ou YouTube e elaborando eventos cos que dinamizalos.

Tamén é o encargado da comunicación da Agrupación en publicacións concretas e divulgacións de actividades e actos nos medios de comunicación con máis presenza na Provincia ou na Comunidade, posto que na actualidade este tipo de labor, practicamente, xa só se fai de xeito online.