Orquestra O Fiadeiro

As orquestras populares representan unha época de transición na música popular galega que levaron os novos ritmos, cumbia, fox-trot, tango, xunto cos máis tradicionais, xotas, muiñeiras e agarrados coma valse e pasodobre, aos torreiros das festas. A chegada da radio a Galicia, tivo moito que ver.

A Orquestra O Fiadeiro ten interese en recuperar parte dun repertorio que soaba nas festas populares e nas casas de moitos galegos e galegas. Para elo, baseados en referencias coma a de “Os Padernes do Courel” e o seu repertorio, construímos unha formación a partir de diferentes instrumentos de vento, ademáis de gaitas, caixa e bombo. Este formato permítenos interpretar dende repertorio de corte bandístico, ata outro de murgas e charangas, incluindo adaptacións dun repertorio máis folclórico.

A Orquestra foi presentada oficialmente en xuño de 2011 no Teatro Afundación de Vigo, co gallo da gravación en directo do DVD da VII Gala «Esta noite hai unha fía: De oficios e labores», da ACF O Fiadeiro.