Pandereteiras O Fiadeiro

O grupo de pandereteiras O Fiadeiro está composto por 8 voces femininas acompañadas dunha variadísima instrumentación percutiva e melódica propia da tradición galega. No noso completo repertorio incluímos temas das catro provincias galegas produto dun traballo exhaustivo de campo ao longo dos últimos 30 anos.

Destacan entre temas de divertimento tan usuais como son as pandeiretadas e pandeiradas, outros singulares acompañados de legóns propios das labradas, de pandeiras da montaña luguesa ou mesmo acompañados con lata, tixola ou culleres do sur da xeografía galega.

Non esquecemos no noso repertorio cantares propios do ciclo anual como os de rendadas, de reis e Nadal, de sega ou malla… e outros propios de oficios e labouras tradicionais como os das fiadas, labradas, cantos de berce entre outros.

Máis novas
22/06/2023

XIX Dancer Veira

30/06/2023

Festa da cultura