Charanga O Fiadeiro
As charangas, aínda que algúns non as consideran formacións tradicionais, teñen unha longa tradición nas Rías Baixas, onde levan formando parte das festas e romarías unha gran cantidade de anos. Na formación tradicional, ao son das gaitas de fol, caixa e bombo, xúntase outros instrumentos de vento como o clarinete ou a requinta e tamén o acordeón ou as pandeiretas. Este tipo de formación abre as portas a case calquera instrumento que forme parte dunha banda de música.
Os integrantes da Charanga O Fiadeiro interpretan, ao son das gaitas, saxofón, clarinete, acordeón e percusións varias, todo tipo de melodías e ritmos bailables propios da tradición ao longo das diferentes épocas. A escola é unha parte viva desta agrupación, posto que gran parte dos seus integrantes, formáronse nela.