Directora de Pandereteiras

Tamara Costas
Tamara Costas

Comeza na música tradicional aos catro anos no CEIP Sárdoma-Moledo e un ano mais tarde entra na Escola do CCAR Rueiro de Coia, no que é membro do grupo oficial ata o 2002. Tamén foi membro de diferentes grupos e asociacións como Froles Novas, Malmequer, Mirandeiras e a EMAO. Esa tamén é unha etapa caracterizada por un riguroso traballo de recolleita e investigación que lle valeu dispor de un amplo e variado repertorio.

En 2005, ano da súa fundación, comeza a dirixir os grupos de pandereteiras da ACF Tarambainas e no 2007, asGhandainas da AVV Alcabre. Ese mesmo ano, cun grupo de amigas fundan a ACF As Lagharteiras en Mos, da que é pandereteira ata a actualidade e cas que ten acadado diferentes premios como 1º Premio no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela 2016. En 2015 grabaron o seu primeiro disco titulado “Lagharteiras”. Dende o ano 2011 é membro dasPandereteiras O Fiadeiro.

É natural de Vigo e graduada en Educación Primaria e doutora en Química.